luns, 3 de novembro de 2014

IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE", 25º ANIVERSARIO: ENTREVISTA AO DIRECTOR




A piques de comezar a semana na que conmemoraremos o 25º aniversario da inauguración do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE", o noso director L. Fernando Gómez Sal concedeu unha entrevista a Iván Aguiar para o xornal local "La Opinion de A Coruña", que ou ben podedes ler neste enlace AQUÍ ou transcrita ao galego máis abaixo.

Luis Fernando Gómez Director do instituto Rafael Dieste

´O problema que nos encontramos co alumnado é a motivación´

"Nas aulas temos estudiantes moi desmotivados xunto a outros que teñen claro que queren prepararse para o futuro"

Con motivo do 25 aniversario da apertura do instituto Rafael Dieste, o seu director, Luis Fernando Gómez, explica cáles son os retos que ten que afrontar o profesorado para manter a calidade na ensinanza. Tamén relata a experiencia de que o centro sexa plurilingüe.
-Cáles son os objectivos que se marca o instituto para os próximos anos?
-O instituto márcase para o futuro continuar a líña de educación que se está ofrecendo nos últimos anos e mellorar a ensinanza que recibe o alumnado. Atendendo aos estudiantes que teñen problemas educativos como aos que teñen pensado non continuar con estudios universitarios. E ofrecer tamén unha ensinanza de calidade.
-Cómo foi a experiencia de adaptar o centro a un sistema plurilingüe?
-O noso centro ofrece algunhas asignaturas en inglés para todo o alumnado. En concreto, no noso instituto impartimos Educación Física, Tecnoloxía e Música en inglés. Os estudiantes non teñen ningún problema. Teñen un primeiro proceso de adaptación nos niveles máis baixos. Enseguida entran e é un complemento de formación que pensamos que é mui útil.
-Cómo ve o panorama educativo na actualidade?
-O panorama educativo é un pouco o reflexo dunha sociedade que está atravesando momentos con dificultades, pero eu resaltaría que grazas ao esforzo do profesorado conseguimos un nivel educativo digno e axeitado.
-O nivel do alumnado baixou en comparación con outros anos?
-Non creo que o nivel do alumnado empeorase. Non teño unha visión derrotista da ensinanza. Hai que ter en conta que o alumnado que temos é moi heteroxéneo e teñen moi distintos intereses e perspectivas. Por un lado atendemos a alumnos que teñen como horizonte conseguir so a escolaridade e alumnos que teñen como meta pasar á universidade. Entnc eu creo que o nivel da ensinanza non baixou nos últimos anos, pero sí vémonos con esa dificultade de atender a alumnado que ten distintos intereses e objectivos de futuro.
-É muy difícil manter o nivel cando hai estudiantes que queren deixar a ensinanza e outros que queren seguir?
-O problema que nos encontramos con este alumnado é a motivación. Nas aulas temos algúns estudiantes que están moi desmotivados xunto con outros que teñen moi claro que están no centro para prepararse para o futuro. É difícil conseguir que este alumnado desmotivado se integre e obteña unha educación axeitada. Intentamos integralos todos os días.
-En qué vai a consistir o acto de aniversario do próximo día 6 de novembro?
-Pensamos reunir a persoas que pertenceron a este centro ao longo de 25 anos. Tanto exprofesores, exalumnos como algunhas autoridades educativas e membros das directivas doutros centros. Tamén estarán membros da AMPA deste e outros anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario