venres, 19 de decembro de 2014

Semana de Castelao

Dentro das actividades da Biblioteca e do Equipo de Normalización  levouse a cabo  durante esta semana  a presentación audiovisual sobre a vida e obra de Castelao, unha das grandes figuras galegas do século XX. Nesta proxección tamén aparecen debuxos de Castelao realizados polos alumnos de 3º da ESO na materia de Plástica e algunhas caricaturas de Castelao  así como gravacións dalgúns do relatos de Cousas e de Retrincos realizadas polos alumnos de 1º e2º da ESO.



Ningún comentario:

Publicar un comentario