venres, 11 de marzo de 2022

 DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Co gallo do Día da muller traballadora, o EDLG colaborou co equipo da biblioteca na actividade titulada "Las medias rojas". Nela leuse o devandito relato de Emilia Pardo Bazán, creando despois un debate sobre a violencia machista. Amais disto, ao día seguinte, as persoas que quixeron vestiron con medias vermellas para homenaxear á protagonista, símbolo de tantas mulleres maltratadas.

Aquí se achegan algunhas das fotos que dan testemuño desta actividade:


                                                                 



Ningún comentario:

Publicar un comentario