QAR E OS VIDEOXOGOS
Contamos coa visita de Qar, de Qaramelo Videoxogos para os grupos de 3º de ESO que nos ofreceu unha charla sobre o seu traballo. Pensamos que foi unha actividade moi arrequecedora porque o alumnado comprobou como podemos empregar en todos os ámbitos o galego, mesmo nun mundo tan anglófono coma o dos videoxogos. Ao finalizar a exposición, moitos dos alumn@s se achegaron para falar con Carlos Dorado Gayo, QAR.
Velaquí algún dos momentos: