venres, 25 de marzo de 2022

CONFERENCIA DE ANTÍA YÁÑEZ

Xunto co Departamento de Lingua Galega organizamos a visita da escritora Antía Yáñez. Na conferencia falou sobre a súa obra e sobre "O misterio de Portomarín", libro de lectura de 1º da ESO. 

Espertou moito interese entre os asistentes, que aproveitaron a ocasión para que lles asinara os seus exemplares.

Velaquí algúns momentos do acto: 




                                                                                



                                                                                     



venres, 18 de febreiro de 2022

 DÍA DE ROSALÍA

Co gallo do día de Rosalía pedímoslle ao alumnado de 1º e 2º da ESO que elixira un poema dela e explicara as razóns nun audio.

Velaquí algunhas mostras:

(Premer na barra de audio e, cando se visualice a ventá externa, clicar  nela para acceder ao contido)

                          

xoves, 10 de febreiro de 2022

 CANTIGAS NO DÍA DE SAN VALENTÍN

Una ano máis, o alumnado de 1º Bacharelato creou cantigas que tiñan como tema o amor ao xeito medieval.Os resultados son unhas pezas moi orixinais.

Estes son algúns exemplos:












                                                                                



                                                                     

                                                                              




                                                                                 




                                                                                       

luns, 20 de decembro de 2021

 PAULINA CEREMUZYNSKA E AS CANTIGAS MEDIEVAIS

Contamos antes do Nadal coa presenza de Paulina Ceremuzynska, musicóloga polaca que nos deleitou cos seus coñecementos sobre a lírica medieval galego-portuguesa. Durante a súa conferencia-concerto centrouse na execución musical das cantigas, especialmente, das cantigas de Santa María. Despois de amosarnos distintos conceptos e procedementos musicais, centrouse na Cantiga 111 de Afonso X "En todo tempo faz ben". O alumnado e o profesorado acabou participando activamente na interpretación da cantiga, converténdose así nunha actividade aberta e práctica, que serviu para completar a información teórica recibida nas aulas.

É de salientar o perfecto dominio da lingua galega de Paulina Ceremuzynska, o cal contribúe a desfacer prexuízos lingüísticos moi afianzados entre o alumnado.

Na actividade colaboraron o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Música e a Biblioteca.

Ela preséntase así:




Velaquí a cantiga  de Santa María que interpretou:





Paulia Ceremuzynska e o alumnado de 1º Bacharelato:





xoves, 2 de decembro de 2021

 CAMIÑOS POR DEBUXAR CON XULIA PISÓN

A ilustradora Xulia Pisón deu unha conferencia sobre a súa traxectoria profesional, centrándose nos seus inicios. O alumnado escoitou así unha testemuña moi valiosa que pode achegarlle estratexias á hora de tomar decisións sobre o seu futuro.

 A conferencia ía dirixida a 4º da ESO.   








mércores, 10 de novembro de 2021

 SEGUIMOS COAS BOAS NOTICIAS


Nestes tempos de incertezas faise máis ca nunca necesario salientar as boas noticias que vaian aparecendo.

Fixemos unha exposición con algunhas delas. 

Estes son algúns exemplos:




venres, 11 de xuño de 2021

 UN ANO DESPOIS

O alumnado de 1º BAC  realizou microvídeos dunha duración máxima dun minuto arredor dunha palabra que resumía como se sentiron durante o confinamento. Os resultados foron moi diferentes e as emocións, mesmo contraditorias, fluíron nestes traballos: