xoves, 16 de xuño de 2022

 QAR E OS VIDEOXOGOS

Contamos coa visita de Qar, de Qaramelo Videoxogos para os grupos de 3º de ESO que nos ofreceu unha charla sobre o seu traballo. Pensamos que foi unha actividade moi arrequecedora porque o alumnado comprobou como  podemos empregar en todos os ámbitos o galego, mesmo nun mundo tan anglófono coma o dos videoxogos. Ao finalizar a exposición, moitos dos alumn@s se achegaron para falar con Carlos Dorado Gayo, QAR.

Velaquí algún dos momentos:





Ningún comentario:

Publicar un comentario