venres, 14 de febreiro de 2014

Actividades de Dinamización Lingüística no 1º Trimestre.

1º TRIMESTRE


Constituese  o equipo de Dinamización coordinado por Carme García Pereiro, profesora de Lingua e Literatura Galegas e do que forman parte os seguintes alumnos/as de 2º da ESO: Lucía Méndez, Marina Rivas, Guillermo Montes, Miguel Alcalde, Paula Conde e Uxía Soneira.



Algunhas das actividades que se programa para realizar neste 1º trimestre son:



- En colaboración co Departamento de Inglés, igual que en anos anteriores, fanse dúas sesións de contacontos inglés-galego para o alumnado de 1º e 2º da ESO.














- Elaboración de CALENDARIO 2014 lembrando a Díaz Castro, autor ao que se lle adica este ano o día das Letras Galegas; aparece no calendario, xunto cun retrato do autor, o seu poema máis coñecido, Penélope. Ponse en todas as aulas, así como nas diferentes dependencias do Centro.























- Tamén se fai entrega a todo o alumnado dun marcapáxinas co calendario e o poema.























- Na última semana do trimestre faise entrega ao alumnado dun triptico, elaborado hai anos, onde se fai un semblante bio-bibliográfico de Rafael Dieste, autor que dá nome ao noso instituto e do que moitos dos alumnos e alumnas non oíron falar.

    



- En colaboración co Departamento de Plástica faise un concurso de postais de Nadal en 1º da ESO. Co postal gañador o Centro felicita as Festas Navideñas a todas as familias.






Ningún comentario:

Publicar un comentario