luns, 12 de maio de 2014

CORRELINGUA

Xa se está a preparar a participación no CORRELINGUA. Este ano, na nosa cidade, terá lugar o día 15, xoves. O percorrido será diferente ao de outros anos: Partimos da esplanada de Riazor, ao pé do estadio, por tanto moi perto do noso centro, o que nos permite ir andando até alí. Despois de percorrermos parte do Paseo marítimo , cruzar a praza da Leña e acceder á Torre de Hercules pola rúa Beiramar, teremos a festa final, con lectura do Manifesto, actuación dos gañadores no Concurso  do Cantarlingua....
 Agardemos que o tempo nos acompañe e que poidamos pasar unha boa xornada.
 Velaí vos deixamos algunhas das fotos deste ano:










Ningún comentario:

Publicar un comentario