luns, 26 de maio de 2014

Letras Galegas

LETRAS GALEGAS

O mércores, 21 de maio, fixemos no salón de actos a homenaxe do noso centro ao escritor X. Mª Díaz Castro a quen este ano se adican as Letras galegas. O acto, aínda que breve,  quedou moi ben, grazas á colaboración do alumnado de grego de 1º de bacharelato que puxo en escena un fragmento da Odisea para que os diversos cursos alí presentes  entendesen  ben un dos poemas máis coñecidos de D. Castro, Penélope.

A continuación alumnas de 1º e 3º da ESO leron  algúns poemas do escritor homenaxeado e, finalmente,  vimos algúns videos que nos achegaron á figura de Díaz Castro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario