mércores, 21 de xuño de 2017

Sementeiros e labores horteláns no Rafael Dieste



Durante todo o curso desenvolveuse unha actividade, na que colaboraron os Departamentos de Galego e Bioloxía, que consistiu na realización de sementeiros de plantas hortelás, realizados no exterior e dentro do laboratorio de Bioloxía, e a posterior plantación nun pequeno horto con algunhas das plantas agromadas. 

Ademais dous alumnos realizaron unha catalogación polo miúdo das diferentes árbores ornamentais do centro, así como dalgunhas froiteiras enxertadas, que se plantaron ao final do outono, as cales aparentemente están arraigadas.




































Ningún comentario:

Publicar un comentario