mércores, 19 de decembro de 2018

Sabela, na final de OT en galego

"Nestes tempos de desánimo, cando se nota unha especie de desafección polo galego entre a xente nova e cando resulta difícil atopar crianzas e adolescentes que falen na nosa lingua, é moi importante que unha rapariga como Sabela leve o galego a un programa de TVE tan visto. Está dando a coñecer a nosa lingua a nivel estatal e non só para a xente que xa a coñecía", opina Eduardo Maragoto, presidente da Agal (Associaçom Galega pola Lingua). Con estes xestos, a artista "insuflou un gran ánimo en todas as persoas que falamos galego ou que estamos preocupados pola lingua".


Hoxe teremos ás 22:35 a final de OT no que Sabela interpretará Tris-tras da banda galega Marful. Desde aquí queremos desexarlle o éxito que merece.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario