sábado, 21 de decembro de 2019

Homenaxe a Pilar Pallarés, premio nacional de poesía 2019,


 

O xoves 19 de decembro o equipo da biblioteca do instituto, con Matilde de Cal como alma mater, organizou unha homenaxe coa presenza da autora e de César Carlos Morán Fraga. Acudiron os alumnos de 4º ESO, 1º e 2º de bacharelato. 

Comezamos cunha vídeo- exposición sobre a vida e a obra da autora, con algúns poemas recitados polo noso alumnado. Matilde tamén realizou un pasapalabra sobre a autora. A seguir, alumnos e alumnas de varios niveis deixaron sobre o escenario a súas voces cos versos de Pilar. Ela propia leunos algúns poemas, así como Matilde e Carolina Muíño, profesora de Matemáticas. Tivo un papel destacado Carlos Lens, do departamento de Francés, que nos comentou saborosas anécdotas de cando foi alumno de Pilar sendo  estudante no instituto Menéndez Pidal. Por último, agradecemento tamén a César Carlos Morán Fraga, que nos interpretou á guitarra dous poemas da nosa autora homenaxeada.




De esquerda á dereita: César Morán Fraga, Pilar Pallarés e Eloi Rodríguez do departamento de Lingua Galega.


Matilde de Cal, presentando e dirixindo o acto:

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEif5OhEer93w-Dd7d3B2Fevh1mcZ4-lvnG7vwEhQVs675EXxfT-aBJ9SiDDwyVJUVBn8a5-YyNNTly5jYZlMFD_NTLV5G_dBpjA1Ius_YCCifwFsXgeACF9ntdLJ6Y5uFE8DofiQY9Vw70/s640/821fe032-6b3c-4763-bcfe-141034ff7132+%25281%2529.jpg


Os nosos alumnos e alumnas recitando:







 



Ningún comentario:

Publicar un comentario