mércores, 28 de abril de 2021

 O HORTO DOS TRASNOS

Un curso máis no horto dos trasnos cultivamos varias herbas aromáticas, en concreto, ourego, pirixel, aneto e tomiño, que forman parte da receita romana "O sal de Apicio". Mar Noche,profesora de Latín, traballou coa devandita receita na aula. Tamén participou a profesora de Galego, María Lema, axudando a sementar e regar. Amais disto, colaboramos co club de ciencia, coordinado pola profesora Mª Luísa Castiñeiras, facendo un seguimento do cultivo.

Velaquí algunhas fotos da actividade:








Ningún comentario:

Publicar un comentario