luns, 20 de decembro de 2021

 PAULINA CEREMUZYNSKA E AS CANTIGAS MEDIEVAIS

Contamos antes do Nadal coa presenza de Paulina Ceremuzynska, musicóloga polaca que nos deleitou cos seus coñecementos sobre a lírica medieval galego-portuguesa. Durante a súa conferencia-concerto centrouse na execución musical das cantigas, especialmente, das cantigas de Santa María. Despois de amosarnos distintos conceptos e procedementos musicais, centrouse na Cantiga 111 de Afonso X "En todo tempo faz ben". O alumnado e o profesorado acabou participando activamente na interpretación da cantiga, converténdose así nunha actividade aberta e práctica, que serviu para completar a información teórica recibida nas aulas.

É de salientar o perfecto dominio da lingua galega de Paulina Ceremuzynska, o cal contribúe a desfacer prexuízos lingüísticos moi afianzados entre o alumnado.

Na actividade colaboraron o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Música e a Biblioteca.

Ela preséntase así:




Velaquí a cantiga  de Santa María que interpretou:





Paulia Ceremuzynska e o alumnado de 1º Bacharelato:





Ningún comentario:

Publicar un comentario