TEMPOS DIFÍCILES
E ata aquí chegaron as actividades realizadas polo EDLG neste curso 2019-2020. A chegada da pandemia co confinamento conseguinte deixou en pausa todo o que tiñamos programado para o terceiro trimestre. O feito de pasar do ensino presencial ao telemático determinou o resto do curso .O alumnado e o profesorado tivo que adaptarse a unha forma totalmente distinta para dar as súas clases, o que levou un tempo. Isto motivou que as actividades non lectivas fosen suspendidas. Con todo, o próximo curso intentaremos retomar todo aquilo que non puidemos levar a cabo.
Por último, engadiría a satisfacción pola
participación do alumnado e do profesorado e a súa implicación nos proxectos
realizados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario