venres, 5 de xuño de 2020

Historias de defensa do galego fóra das fronteiras, de quen nos quere desde o lonxe

Chegan desde Catalunya e desde a Arxentina palabras de esperanza e reivindicacións xustas para o galego; e veñen contadas cos máis bonitos acentos cataláns e arxentinos sobre a nosa lingua.



  "O principal motivo que tiñan para estudar galego era o amor. Sempre lembrarei unha anécdota que me chegou ao fondo da alma: un alumno catalán que acababa de ser pai e se apuntou a galego para ensinarllo á cativiña. A súa muller era descendente de galegos, pero xa non o sabía falar. El foi quen se encargou de aprenderllo á filla".

Ningún comentario:

Publicar un comentario