Amosando publicacións coa etiqueta novo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novo. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de xuño de 2017

Celebración do Día das Letras Galegas 2017 no IES Plurilingüe Rafael Dieste

 
 








https://youtu.be/_zkZHyOTBxk




Agora deixámosvos o vídeo coa letra



https://youtu.be/-3BuOfm7HTM



“Deus-Casares sentado nun sillón azul” baixo “O sol do verán”

RAP autoría de Adrián, Guilherme e Arón (4º ESO)

Naciches en Ourense con paixón
unha gran cidade-nación,
pero aos catro anos xa te fuches
e gravaches a Limia no corazón.
Escribías sempre coa alma na Limia,
mais non para levar premios nin insignias.

O teu pai era profesor,
pero a lección da escrita xa a tiñas dabondo aprendida.
Fuches para o seminario de boa obriga,
pero de neno non eras consciente do que aprenderías;
ensináronche a escribir as fermosas letras
que con cariño se conservan hoxe en día.

De mozo só escribir estaba na túa consciencia,
a ti nunca che foron as ciencias,
aínda que tiñas moita inocencia
as túas letras maduraron grazas a Risco e á súa ‘influencia’. (influenza)

Unha infancia en Galicia,
un lugar verde e frío,
caracterizada polo Miño
como a túa vida marcada por un río
que inundaba o teu ‘vacío’ (baleiro).

Mentres todos querían festas e beber litros,
ti estabas atarefado
lendo sen descanso cada libro
até que os tiñas memorizado.

No colexio subías a recitar
as túas narrativas ao escenario;
nas aulas na marxe do caderno a redactar
e de maior escribes “ a marxe de cada día; follas dun diario”.

Manda truco o que che pasou, ailelelo, ailelelo.
Acusado de comunista fuches coma o perello;
expedientáronte os acólitos da súa ‘Ilustrísima Cortello’
e tiveches que impartir docencia/decencia fóra do berce galego.

As túas novelas supuxeron renovación,
pois empregaches o monólogo interior
e outras técnicas narrativas do exterior,
que ás nosas letras lle deron outra cor.

Primeiro soprou “Vento ferido”,
“Cambio en tres” chegou case deseguido,
e despois no ano da morte do ‘maligno’
saíu do prelo “Xoguetes para un tempo prohibido”.

E, por último, só nos queda agasallarte
no Día das Nosas Letras que son arte
con este rap que non vai a ningunha parte
E agardemos que non farte, que non farte!

AILELELO, AILELELO, AILELELO, AILALALO.

martes, 13 de xuño de 2017

martes, 17 de xaneiro de 2017

CONFERENCIA DE RIVEIRO COELLO



CONFERENCIA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO NO IES 'RAFAEL DIESTE'









O escritor limiao deleitou aos alumnos de bacharelato percorrendo os principais carreiros da súa biografía e analizando polo miúdo a súa obra "As rulas de Bakunin", engaiolando a todos coas súas reflexións, cheas de amabilidade, tenrura e
moito humor.

O mércores, catorce de nadal de 2016, o IES Plurilingüe 'Rafael Dieste' da Coruña acolleu a visita do autor ourensán Antón Riveiro Coello, o cal impartiu unha charla sobre unha das súas obras máis sobranceiras: "As rulas de Bakunin". Convén subliñar que esta novela, galardoada co Premio Manuel García Barros do Concello da Estrada no ano 2000, figura dentro das obras seleccionadas polo Club de Lectura do centro, coordinado polo profesor Carlos Blanco Dávila, quen conseguiu a presenza do gran narrador galego, coa finalidade de estimular e agasallar ao alumnado interesado polos libros.

A conferencia artellouse sobre tres eixos fundamentais. Nun primeiro momento de carácter introdutorio, explicou o que representa para el 'ser escritor', desmitificando totalmente esa figura e igualándoa á de calquera outro profesional, puntualizando que 'os escritores son secretarios do invisible'.

A continuación centrouse en episodios esencias da súa vida, como a infancia e a adolescencia en Xinzo de Limia, o seu paso polos Salesianos -onde un mestre de Literatura agasallouno cun exemplar da "Odisea" de Homero e a súa lectura deixouno marcado-, os estudos de Dereito en Santiago e o logro dunha praza de funcionario que o obrigou a trasladarse a Madrid, onde se mergullou dabondo na Literatura Galega e agromou a súa angueira como escritor incipiente.

A parte final adicouna á súa novela "As rulas de Bakunin", explicando cal foi o seu xermolo e os azos reiterados que recibiu do historiador Carlos Pereira desde o nacemento da súa amizade, ao redor de 1997, despois de voltar de Madrid e establecerse na localidade de Culleredo. Mencionou que algúns dos seus personaxes secundarios foron sacados da realidade tras longas conversas con anciáns que viviron a etapa da 2ª República e a Guerra Civil Española. Neste punto indicou que esta obra, antes de ser bautizada definitivamente, tivo ao redor de setenta e dous títulos, entre eles "O pombal ruso", aínda que o título escollido representa fidedignamente a alma da obra.

venres, 11 de decembro de 2015

Calendario e marca-páxinas do novo ano

Como todos os anos o Equipo de Dinamizacion Lingüística distribuirá polos diferentes espazos do Centro o calendario do novo ano, adicado nesta ocasión ao autor homenaxeado polas Letras Galegas, Manuel María. Tamén se repartirá entre todo o alumnado un marca-påxinas co mesmo deseño.



Calendario
Marca-Páxinas




xoves, 21 de maio de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO DE TRADUCIÓN

DO INGLÉS: Iago Mora Arcas  ( 3º ESO-C )

DO ESPAÑOL: Sara Giunta Martínez ( 3º ESO-A )

DO FRANCËS: Eva Menéndez Espósito ( 4º ESO- B )

DO LATÏN: Pablo Cadahía  (1º BACH- B )

DO GREGO: Carmen Rodríguez  (2º BACH- B )



PARABÉNS !!!!!